Dende a Limia
20:44 h. Lunes, 21 de Mayo de 2018

Novidades dun Entroido de rúa

| 18 de Enero de 2018 (22:52 h.)

Segundo manifestou o portavoz da numerosa comisión do Entroido 2018, hai cousas que non cambian, porque así é o noso entroido, pero si  se quixo dende a comisión incrementar na cantidade e na novidade  da música que acompañara aos  entroideiros neste 2018

NOVAS CHARANGAS e MAIS MÚSICA TRADICIONAL

Anunciaron a presenza este ano de charangas novas, que nunca estiveron no entroido de Xinzo e que esperan sexan do agrado de todos. Tamén anunciaron para o venres  dos rapaces a actuación do grupo ourensán SONORO MAXÍN  e o grupo PELEPAU. Para a tarde-noite do domingo Oleiro as 20:00 haberá a actuación do grupo FIADEIRO co seu grupo de baile, para transportarnos  o que podería ser o entroido dos anos 50.

DESFILE DO MARTES

Para o martes a comisión ademais do desfile que tradicionalmente se ven celebrando na vila a que acode moita xente a Xinzo para velo, este ano haberá unha recreación do que son todos os domingos anteriores ao do Entroido e que diferenza a Xinzo dos demais, o Oleiro, O Fareleiro e o Corredoiro.

FESTA DE INTERES INTERNACIONAL

Despois de levar varios anos falando da declaración do noso Entroido como festa de Interes Internacional o alcalde, Antonio Pérez  afirmou que despois da inversión que vai a facer o Concello este ano, espera que  neste mes de Xuño, toda a documentación estará preparada para que o Entroido de Xinzo, sexa o primeiro que en Galicia consiga esa declaración Internacional. Desta maneira faremos que a imaxe do noso Entroido estea en eventos importantes, por exemplo, en Feiras como FITUR .