Dende a Limia
23:52 h. Martes, 19 de Junio de 2018

Novo abrazo ao río Limia-Lima

| 05 de Junio de 2018 (20:02 h.)

Hoxe día 5 de xuño, reuníronse os directores dos CEIP de Xinzo de Limia, a Policía Local, Protección Civil, o Técnico de Cultura e o Concelleiro de Deportes, Educación e Xuventude para organizar el VII Abrazo ao río Limia, que  se realizara o venres 8 de xuño na nosa vila.

Os centros participantes serán o CEIP Carlos Casares e o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia; o CE dás Lagoas, o EB1 de Ponte de Lima e o EB1 Trovela de Ponte da Lima (Portugal).

Os nenos e nenas dos centros de Xinzo de Limia xuntaranse cos nenos de Ponte da Limia que chegarán sobre as 10:30h na Praza Carlos Casares. Tras descansar un intre da viaxe, terá lugar o acto institucional no auditorio da Casa de Cultura coas autoridades tanto da Cámara de Ponte da Lima como do noso Concello.

Ás 12h, na zona do Toural, farase o simbólico Abrazo ao Limia, lectura dun texto de Delfín Caseiro e  plantarase unha árbore. Ás 13.00 h os participantes comerán nos dous colexios e, aproveitando a estancia, ás 14.00 h visitarán o Museo do Entroido de Xinzo de Limia.

Ás 15.00 horas procederase á visita do nacemento do Río e, ás 17h, terminará a visita cunha excursión aos xardíns de Allariz.