Esta mañá os membros da brigada de obras afanábanse para que mañá, primeiro día de festas os nenos e nenas de Xinzo poidan estrear o novo xogo do Parque infantil do Toural
TIROLINA DE MAIS DE 10 METROS
O xogo máis interesante, por si mesmo e por ser novidoso en Xinzo é unha tirolina de máis de 10 metros e con un desnivel de case metro e medio, que os membros da brigada estiveron a colocar durante todo o día para tela funcionando mañá, primeiro día de festa. É de supoñer que esta será unha atracción máis, ademais das que se atopan na explanada do parque para as festas.
MAIS XOGOS NOUTROS PARQUES
Ademais desta tirolina instalaranse antes do mércores 2 múelles novos en cada un dos parques do Pombal e Devesa e un novo tobogán no parque Galicia.
Estes novos xogos entran dentro da campaña de renovación e aumento de xogos da Concellería de Medio Ambiente para este ano.