Dende a Limia
18:24 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

O Concello responde mediante nota de prensa o representante da Policía Local

| 27 de Septiembre de 2018 (18:30 h.)

A reunión de hoxe era para que o Concello lle presentara a súa proposta de cuadrante aos policías e eles presentaran o seu. Este foi o motivo polo que á citada reunión foron as dúas técnicas de maior graduación que temos no Concello, a Secretaria e a adxunta a Secretaría.

Dase a circunstancia de que o alcalde lle había pedido aos policías xa fai case un mes, e por escrito, que eles presentaran o seu, pero na reunión desta mañá os representantes da Policía Local, no achegaron ningún cuadrante.

No cuadrante presentado polas técnicas do Concello cumpriríase escrupulosamente cun horario semanal de 37,5 horas, tendo dous días de descanso semanais e tendo as 12 horas preceptivas entre cada xornada de descanso. Así mesmo, no cuadrante presentado polo Concello quedarían tres membros do corpo , libres para reforzos, libranzas etc.  Reseñar que os representantes na reunión non fixeron ningunha alegación de ilegalidade nin desconformidade ao cuadrante no tocante ao convenio.

Como o tema desta reunión era totalmente técnico, foron as técnicas e a Concelleira de Tráfico.

No día de hoxe,  intervención confirmou que xa foran enviadas  as nóminas respectivas as entidades bancarias, co pago das cantidades atrasadas  e pactadas que supón un montante de 20.000 €. Calquera traballador pode pasar mañá pola mañá a revisar a súa nomea para comprobalo , posto que o mellor ao seu banco tarde tres días en chegarlle os  cartos efectivo.

A intención desta alcaldía e do grupo de goberno é a de chegar a un acordo beneficioso para ambas partes, no que se priorice o cumprimento das 37,5 horas semanais  e que todo o mundo teña as súas libranzas  e poida conciliar coa súa familia, loxicamente coas connotacións que ten un servizo de 24 horas e 365 días ao ano.

PRÓXIMA REUNIÓN

Na próxima reunión, unha vez se vexan as alegacións que presenten os traballadores da policía local, si as houbera,e presenten por fin a súa proposta, dentro dos termos legais cos que se traballa na súa elaboración, xa estará presente o alcalde para, si se pode , pechar esta negociación e que tanto o persoal, como a administración poidan traballar sen atrancos.

Negamos categoricamente que sexan as técnicas as que manden no Concello, repetimos que esta era unha reunión totalmente técnica e para iso eviamos a mesma as persoas que nos teñen que dar o soporte legal nestes casos. A próxima, que esperemos non sexa solo técnica irá o alcalde acompañado da concelleira correspondente.