Dende a Limia
04:40 h. Viernes, 17 de Agosto de 2018

Obras de mantemento e mellora da piscina climatizada e do pavillón

| 29 de Julio de 2018 (21:21 h.)
Piscina climatizada
Piscina climatizada

Dende mañá luns día 30 de xullo ata o domingo 19 de agosto estará pechada ao público as instalacións da piscina climatizada municipal para facer a limpeza xeral anual, o baleirado do vaso como esixe as normas de Sanidade, acondicionamento dos azulexos do mesmo e montaxe dos tres novos filtros de area para mellora da calidade da auga de baño.

Tarima para o novo ximnasio

Ademais das obras na propia piscina tamén neste mesmo tempo se colocará unha tarima no novo lugar a onde se trasladará o ximnasio en breve. O sitio será a parte alta acristalada do edificio da piscina, co cal o ximnasio sairá dos baixos do edificio.

MANTEMENTO DO PAVILLÓN DE DEPORTES

Tamén a principios do vindeiro mes pecharase o pavillón municipal para limpeza xeral de toda a instalación e acondicionamento da pista de xogo, con decapado e encerado da mesma.