Dende a Limia
20:42 h. Miércoles, 17 de Octubre de 2018

“Neste Concello estaban gobernando outras personas en vez de gobernar o señor Casas"

| 08 de Agosto de 2018 (20:21 h.)

Hoxe tras a sesión plenaria, Manuel Pérez Campos en representación de Xinzo Adiante respostou as nosas preguntas e deunos a súa opinión sobre a dimisión de Casas e a situación do PP en Xinzo.

Manuel Pérez cree que a dimisión de Manuel López Casas é algo lóxico e razonable, “debido a que neste Concello estaban gobernado outras personas en vez de gobernar o señor Casas” aclarounos. “É nha persoa que leva moitos anos metido política e lle estaban facendo a vida imposible, asique tomou a decisión de dimitir, algo que o eloxia porque preferiu iso a ser escravo dunha circunstancia.”

Respecto a situación do PP, dinos que hai que salientar nos levou a “unha situación caótica en moitos aspectos e a unha crise económica sen precedentes, onde perdemos poboación continuamente e non só por o falecemento das persoas, senón por os que teñen que marchar por falta de oportunidades.” 

Remarcanos que a situación da ganderia e da agriculta é cada vez peor e que o Partido Popular non fai nada para remediar esta situación. Tamén dixo sobre os servicios que están “cada vez máis en precario, incluso desaparecendo. Nos ámbitos de educación e cultura estamos a velas vir e o Partido Popular segue sin facer nada.” 

Dende Xinzo Adiante creen que hai que tomar decisións máis serias e que a cidadanía debe reflexionar sobre o que pasa en Xinzo e tomar decisións para que de cara o ano 2019 non cometer “a mesma torpeza de seguir votando as formacións políticas que nos están levando a un desastre total e que de seguir así poida chegar a desaparecer Xinzo como Vila.”