Dende a Limia
04:58 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

A pataca de Galicia ten moitas formas de comerse

| 24 de Agosto de 2018 (21:47 h.)

Hoxe asistimos a Degustación de Pataca de Galicia, que se celebrou ás 14h no Hotel Xinzo. Alí, poidemos probar moitas formas distintas de facer a pataca, como por exemplo pastel de pataca, mexillón de Galicia en escabeche con pataca de Galicia, xarrete de tenreira galega con patacas de Galicia, crema de pataca de Galicia con zamburiñas… Unha chea de xeitos innovadores de servir a pataca. Poidemos acompañar a degustación con diferentes queixos, pementos de Herbón, aguardentes e licores tradicionais de Galicia, pan de Cea e viños galegos con Denominación de Orixe como o de Monterrei, Rias Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra… 

degustacion (2)

Aproveitamos para falar con Guillermo Budiño, presidente da IXP Pataca de Galicia, quen nos mencionaba que “é un acto que se ven repetindo todos os anos co obxecto de que se vexa que a pataca hai moitas maneiras de presentalas, e a cada un gústalle dunha maneira pero pode gustar doutra”. Preguntámoslle por as patacas da degustación, e indicounos que “As patacas son xa deste ano e son traidas dende o valle de Monterrei a propósito para facer a degustación, na Limia aínda non se recolleu”. Destacounos que “a  elaboración dos pratos fíxose no Hotel Xinzo, e hoxe vaise a probar a variedade Kennebec, a única protexida”.  

Sobre o tema das variedades da pataca, sinalounos que “estamos pendentes de Bruselas para que nos de o permiso para prantar a Agria con denominación da IXP, que todo o mundo quere. Estanse cumprindo todos os trámites necesarios, pero as cousas de palacio van despacio”. Comentounos que “con esta varidade vamos a dobrar a producción, pois a Agria se ten un problema de saída sempre pode ir o mundo dos fritos”.  Falando sobre a produción, indicounos que “este ano estímanse unhos 10 millóns de kilos da IXP, dos que os maiores productores son a Limia, Carballo e a Terrachá, onde a Limia produce cerca do 85% desa cantidade”. “A pesares dos problemas deste ano como o mildeu e as choivas a campaña presentase con normalidade”.  A degustación estaban convidados moitos produtores, e Guilllermo contounos que “comunicouselle en activo a 72 productores, da Limia, Carballo e Lugo”. 

 

degustacion (1)


Tamén falamos con Amador Díaz, Presidente da Asociación da Pataca da Limia, quen nos indicaba que “a pesares dos problemas a Kennebec da IXP entra case no prazo, e variedades como a Agria este ano retrasaranse un pouco porque o ciclo é máis longo e botáronse máis tarde”. Comentounos que “a día de hoxe aínda non podemos estimar a cantidade producida porque na fase final é cando máis engorda a pataca, pero en variedades como a Agria viuse mermada a producción”.  Finalizou alegando que “o tempo hoxe está maravilloso para o que a pataca cumpla e a calidade eu penso que vai ser coma sempre, non boa, moi boa!”.