Jueves 23.05.2019
CONFLICTO LABORAL NA POLICIA LOCAL

A policía Local acusa ao goberno de Xinzo de enganalos

Non garantizan a seguridade no desfile do Entroido do martes.
Deciden non facer horas extras nin dobrar servizos

Foto arquivo Policía Local o día do patrón.
Foto arquivo Policía Local o día do patrón.

O portavoz da Policía Local de Xinzo, puxo onte en coñecemento da alcaldía a súa decisión de non facer máis horas extras nin dobrar servizos. Isto pode levar consigo que o martes de Entroido solo traballen 5 axentes  co cal non se garantía o bo funcionamento da circulación e cortes de rúas, posto que esta é una labor que se lle encomendou, como todos os anos, na xunta de Seguridade celebrada fai dúas semanas.

SEGUEN SEN COBRAR AS HORAS EXTRAS E A NOCTURNIDADE DENDE XUÑO

Varias foron as reunións, segundo o portavoz que levan mantido co Alcalde dende fai uns meses para chegar a un acordo no tocante ao cobro do que aínda se lle adebeda, segundo eles, e ara facer un novo cuadrante de traballo, que segundo eles quen o fai non son os representantes políticos se non a secretaria e a adxunta a secretaría.

Fartos de reunións nas que a parte do Concello incumpre con todo o pactado e despois de estar esperando polo alcalde para una reunión este venres pasado para ver de chegar a algún acordo, aínda que fose puntual, e non acudindo o alcalde a citada reunión e non tendo máis noticias ao respecto, decidiron tomar esa decisión, que segundo eles deixa en precario a seguridade o martes, día grande do Entroido en Xinzo, contando por outra banda que é o día do desfile.

Insiste o representante da Policía Local, que non entende que calquera decisión que se tome ten que ser co visto e prace da secretaria, acordos que noutros concellos como o de Carballiño son totalmente legais e aquí non se poden levar a cabo pola radical negativa das dúas persoas que neste momento levan a Secretaría do Concello, e que segundo o portavoz non debería meterse en gobernar o Concello.

O ALCALDE NEGA A MAIOR

cabasPostos en comunicación co alcalde, nega que sexan certas as afirmacións do portavoz en todas as partes. Nas negociación, xamais se puxeron por encima da mesa os atrasos. Eu asinei un acordo co Xefe da Policía Local o xoves pasado cun cuadrante de traballo con todos os efectivos dispostos para estes días de Entroido, abonando integramente as horas que fixeran a máis, polo que non entendo que sucedeu entre ese día e hoxe,(sábado). Por parte do Concello non cambiou nada do asinado.

NON HABERÁ NINGÚN PROBLEMA O MARTES DE ENTROIDO

Por outra banda comenta Manuel Cabas que xa se puxo  en contacto dúas veces no día de onte (venres) co subdelegado do Goberno Emilio González, poñendo a disposición para ese día os axentes da G.Civil suficientes para suplir as función asinadas a Policía Local.