Domingo 20.01.2019

A Policía Local honrou ao seu patrón

Coincidindo este ano có domingo fareleiro

IMG_20180121_124458

Como  cada ano no  día de S.Sebastián celebrase unha procesión, na que o santo percorre as rúas de Xinzo, levado polos membros da Policía Local da vila co uniforme de gala, acompañados polas autoridades municipais e invitados.

Este ano deuse a circunstancia de que parello ao S.Sebastián celebrouse tamén o domingo fareleiro, primeiro no ciclo do Entroido de Xinzo.

A mesma hora que o Santo percorría as rúas o son da música da Banda de Gaitas e da Agrupación musical da Limia, a escasos metros, nas rúas, había outro son que pertencía aos primeiros disfrazados e as primeiras carrozas do entroido 2018.

Comentarios