Dende a Limia
03:49 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Primeiros pasos de cara a exposición permanente sobre Carlos Casares

| 25 de Mayo de 2017 (20:20 h.)

Hoxe visitaron o Museo do Entroido Galego responsábeis  técnicos que levarán a cabo a montaxe da exposición permanente dedicada a Carlos Casares na vila de Xinzo.

No día das Letras Galegas, no seu discurso, no acto institucional, o alcalde de Xinzo Antonio Pérez, anunciou o acordo definitivo entre o Concello e a Fundación Carlos Casares, para que a súa exposición permanente, unha vez que remate o seu periplo por Galicia no mes de decembro en Xinzo, xa quede definitivamente aquí.

Para elo hoxe os técnicos, non solo examinaron as condicións e dimensións do local que a albergará, se non que fixeron un pequeno montaxe para ver como se podería montar ao final.

Achegáronse ata o lugar o alcalde e o concelleiro de Turismo que contestaron a tódalas inquedanzas e necesidades de montaxe que lle suxerían os técnicos.