Dende a Limia
01:36 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

PSdeG: "A falta de limpeza na gardería de Xinzo provoca picaduras de carrachas e arañas nos nenos"

O. Ferreiro | 19 de Junio de 2017 (22:22 h.)
As imaxes que acompañan esta información contan con autorización previa e por escrito dos pais dos menores que figuran nelas.
As imaxes que acompañan esta información contan con autorización previa e por escrito dos pais dos menores que figuran nelas.

O PSdeG de Xinzo de Limia presentou un escrito no rexistro municipal esixindo que se proceda á limpeza e desinfección inmediata da gardería pública da vila ó constatar numerosos casos de cativos con picaduras de carracha e araña. Estas picaduras, segundo a información recabada, parecen provir tanto do interior do recinto, dependente do servizo de limpeza municipal, coma da súa contorna.

Para os socialistas esta situación, sexa cal sexa a orixe, é absolutamente indignante.

Hai tempo que o PSdeG constatou que no solar contiguo á área de xogo dos nenos e nenas se acumulaba a maleza e o lixo, sen que ninguén fíxese nada por subsanalo. Asimesmo no interior da escola hai teas de araña que non poden ser acadadas polo persoal que realiza a limpeza cotiá e que tiñan que ser eliminadas empregando medios especializados doutro tipo. Sen embargo, o grupo de goberno do PP no fixo nada por atallar esta problemática, salvo cortar a herba do solar hai 15 días mais deixaron alí abandoados os restos, fomentando que se acumule a suciedade e que aparezan pragas. Os cativos afectados, examinados por médicos, presentan ronchas típicas de seren picados ou ben por carrachas, co cal se confirmaría a sospeita de que o solar e o areeiro no que xogan están inzados destes animais, ou ben por arañas, provintes do interior da gardería. Para os socialistas esta situación, sexa cal sexa a orixe, é absolutamente indignante.

Elvira Lama: "Os pais e nais acudiron a nós desesperados, fartos de que non se escoiten as súas queixas ante unha situación intolerable".

Ante as reiteradas queixas dos pais e nais, Elvira Lama, portavoz socialista en Xinzo, explica que "esiximos que se proceda á limpeza inmediata das teas de araña do interior, algo que corresponde exclusivamente ó concello, e que se adopten todas as medidas de desinfección que garantan a salubridade tanto para os nenos e nenas coma para os profesionais da gardería". "Tamén lle solicitamos a este goberno que se aseguren de que o entorno estea correctamente desinfectado e limpo, tanto os parterres coma as zonas axardinadas e o propio solar, posto que é obriga do concello", insiste Lama.

Para os socialistas é "intolerable" que o goberno do PP chegase a tal punto de desleixo que non sexa capaz de mandar recoller os restos das rozas no solar e permita que se poidan estender pragas de parasitos que ataquen ós nenos e nenas e consigan infestalos. Elvira Lama engade que "o mínimo que se lle pode pedir a un goberno municipal é que garanta o benestar en todos os servizos que dependen del e este goberno non garante nin unhas mínimas condicións de limpeza para os cativos que van á gardería da Xunta". A portavoz socialista conclúe: "Chegamos a un momento que hai ata excrementos nas inmediacións, co perigo enorme que iso supón. Os pais e nais acudiron a nós desesperados, fartos de que non se escoiten as súas queixas ante unha situación intolerable".