Sábado 23.02.2019

Remataron as xornadas de folclore

Ante unha praza Carlos Casares ateigada de xente, totalmente entregada, os grupos de Ucraína, Tahití e Colombia mostraron aos veciños e verciñas de Xinzo o seu folclore e os seus bailes durante máis dunha hora.

339IMG_20180812_213115_BURST001_COVER

Unha vez máis as xornadas organizadas pola Deputación Provincial e coa colaboración do Concello encheron de son e colorido unha tarde de verán, que nalgún momento ameazou con chuvia, pero que rematou cunha temperatura moi agradable.