Dende a Limia
14:07 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Rematou a primeira fase das obras do novo ximnasio

| 02 de Noviembre de 2017 (21:49 h.)

A primeira fase consistía no acristalamento da parte superior da piscina climatizada que ata agora estaban infrautilizadas.

Unha vez rematadas estas obras, as mais custosas, procederase ao traslado das máquinas do ximnasio que ata este momento se atopan no baixo dvasoo edificio da piscina climatizada.

Unha vez feito o traslado os usuarios do ximnasio estará vendo por unha parte a estrada  e pola outra o propio baso da piscina. Desta maneira poderán estar vendo aos seus fillos na piscina e a vez practicar deporte.

A inversión final será de 20.000 € achegados  cun acordo coa Consellería de Cultura e deportes da Xunta de Galicia.convenio

MAIS DE MIL USUARIOS

Segundo manifesta o concelleiro de deportes Luís Miguel Gil  son mais de mil persoas as que gozan tanto da piscina, como dos ximnasio. Este é un paso importante para por mais en valor, os edificios municipais destinados a práctica do deporte polos veciños e veciñas do noso concello e dos limítrofes que tamén acoden a Xinzo.

Espera o Concelleiro que o remate final sexa na próxima semana, iso si, tendo que pechar as instalación durante 24 horas. Loxicamente esta data será anunciada pertinentemente.