Sábado 16.02.2019

Rescatado esta mañá o cadáver do veciño de Xinzo

Os membros do GEAS, procederon o seu rescate do embalse

corgo
corgo

Segundo acaba de informar a G.Civil, o veciño de Xinzo de nacionalidade portuguesa, Carlos Alberto Da Silva de 48 anos fora a pasar o día a casa do seu irmán, segundo manifestou o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez e despois de comer foise bañar ao Corgo, onde desapareceu.

Dende ese momento membros do 061, e dos GES de Muíños e Lobios colaboraron na súa busca, pero foron esta mañá o equipo de submarinismo, os que deron co corpo.

Nestes momentos estase a trasladar  para facer a autopsia.