Dende a Limia
19:31 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Ricardo Sieiro será o novo concelleiro de Xinzo en sustitución de Antonio Pérez

| 03 de Abril de 2018 (21:39 h.)
Ricardo Sieiro(Foto arquivo dendealimia)
Ricardo Sieiro(Foto arquivo dendealimia)

De non cambiar as previsións, o próximo luns Ricardo Sieiro tomará posesión como concelleiro de Xinzo en substitución de Antonio Pérez.

Segundo nos comunican,  esta mañá recolleu a súa credencial nas dependencias da Secretaría do Concello,  e o único que manifestou, foi a súa intención de tomar posesión como concelleiro.

Desta maneira afástanse os rumores que durante estes días corrían por Xinzo sobre as súas intencións con respecto a decisión de si se incorporaría como concelleiro ou renunciaría a súa credencial, unha vez que fai dous anos que se atopa fora da vila por motivos laborais.