Dende a Limia
21:53 h. Domingo, 10 de Diciembre de 2017

Río Limia conxelado en Xinzo e -10º en Calvos de Randín

O. Ferreiro | 06 de Diciembre de 2017 (23:33 h.)
Imaxe do Rio Limia conxelado emitida pola TVG.
Imaxe do Rio Limia conxelado emitida pola TVG.

As comarcas da Limia e Monterrei volveron ser hoxe as zonas máis frías de todo o país. A xeada foi tal esta madrugada que o río Limia, en Xinzo, amenceu conxelado, e así o mostrou tamén a Televisión de Galicia no seu telexornal e na súa páxina web. Si, conxelado, así foi como amenceu hoxe o noso río Limia ao seu paso pola vila. A comarca da Limia estivo toda a xornada tinguida de branco pola intensa xeada. Menos seis graos tiveron en Baltar e menos cinco en Xinzo de Limia. 

Con todo, foi en Calvos de Randín, que rozou os dez graos baixo cero, onde se rexistrou a temperatura máiñs baixa de toda Galicia. 

A nova da TVG premendo co rato aquí.