Dende a Limia
18:00 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Samaín no Carlos Casares

| 27 de Octubre de 2017 (21:43 h.)

A  AMPA do colexio Carlos Casares de Xinzo celebrou esta tarde de venres a festa do Samaín organizado por un amplo número de país e nais que se mobilizaron para  organizar esta festa por primeira vez.

498

Case  un cento de rapaces e rapazas de infantil e primaria, participaron da festa así como uns vinte proxenitores que colaboraron na tarde de hoxe para colaborar na realización dos xogos dirixidos por unha empresa de Xinzo.

A merenda fíxose con materia prima enviada polo 100% dos país e nais que mandaron os seus fillos a participar dos xogos e da festa gastronómica.

499

501

Tamén xe fixo un concurso de cabazas e de disfraces, pero todos aqueles que se acercaron ata o patio do centro levaron un premio pola súa participación.

A directiva da AMPS aproveitou o acto para repartir os carnés deste ano a todos aqueles país e nais que forman parte da asociación en número aproximado de 150, segundo comentou o presidente da asociación. De éxito total calificou o presidente da asociación a participación, tanto de rapaces e rapazas, así como de pias e nais.

Isto danos forzas para seguir traballando con todos e colaborando co centro que son os obxectivos da asociación, manifestou Manuel Pozo.490