Dende a Limia
00:55 h. Martes, 12 de Diciembre de 2017

O San Sebastián procesionou pola vila

| 22 de Enero de 2017 (22:08 h.)

O San Sebastián, patrón de Xinzo de Limia e da Policía Local, foi honrado cunha procesión que, partindo da Igrexa Vella, trasladouse ao barrio que leva o seu nome. Despois de percorrer outras rúas céntricas da vila meteuse na Igrexa Nova de Xinzo de Limia.

Acompañaron ao Santo no seu percorrido a Banda de Gaitas e os músicos pertencentes á Agrupación Musical da Limia.

23

Como é costume, a maioría dos membros da Corporación Municipal asistiron á procesión e máis aos oficios relixiosos, encabezados polo rexedor así como por representación da Garda Civil.

Entre os asistentes á procesión tamén atopamos ao exalcalde Isaac Vila e a súa dona, que segundo puidemos saber foron invitados expresamente polo primeiro edil Antonio Pérez.

FESTA INESPERADA

Todo o mundo se estrañou de que neste día houbese máis festa que a meramente relixiosa, como era costume.

Con todo, este ano a Concellería de Festexos que dirixe Luis Miguel Gil, organizou unha sesión vermout cunha charanga así como –xa pola tarde e noite no Toural– unha actuación da afamada orquestra "La Formula", que foi a encargada de agasallar aos que tiveron "agallas" de aguantar as temperaturas invernais que estamos a sufrir.