Dende a Limia
14:14 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Sanidade inicia unha actividade escolar sobre as condutas aditivas nos centros ourensáns

O. Ferreiro | 30 de Octubre de 2017 (22:45 h.)
Actividade no CPI Padrenda coa presenza da Delegada da Xunta en Ourense.
Actividade no CPI Padrenda coa presenza da Delegada da Xunta en Ourense.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, María Villar, e da xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Luz Fernández, visitou o CPI de Padrenda no que hoxe arrancaba unha nova edición do programa  ‘Condutas aditivas’. Esta actividade é impartida polo persoal do servizo de Alertas Epidemiolóxicas da xefatura territorial da Consellería de Sanidade en Ourense e ten como obxectivo informar aos adolescentes do risco para a saúde das condutas aditivas. Neste curso está prevista a participación dun total de 1.492 alumnos e alumnas que cursan 1º e 3º de ESO en 21 centros educativos da provincia.

O programa desenvolvese ao longo de dúas sesións e estrutúrase en dúas unidades didácticas.

O programa desenvolvese ao longo de dúas sesións e estrutúrase en dúas unidades didácticas. A dirixida ao alumnado de 1º da ESO trata as adiccións ás novas tecnoloxías, mentres que a que se imparte para os adolescentes que cursan 3º de ESO dedícase ao consumo de substancias aditivas. O seu desenvolvemento ten a intención de dar resposta ás demandas, tanto dos docentes como dos pais do alumnado, da necesidade de realizar labores de difusión e campañas preventivas sobre as adiccións nos adolescentes.

A idade de inicio nestas adiccións sitúase entre os trece e catorce anos, e salvo no caso do tabaco, os escolares non as perciben como nocivas para a saúde.

A idade de inicio nestas adiccións sitúase entre os trece e catorce anos, e salvo no caso do tabaco, os escolares non as perciben como nocivas para a saúde. Sen embargo, estanse a converter nun problema de saúde pública. Así, na última enquisa estatal sobre o uso de drogas en ensinanzas secundarias un 76,8% dos estudantes entre 14 e 18 anos afirman consumir de xeito habitual bebidas alcohólicas, 1 de cada 4 emborrachouse no último ano, máis dun 8,9 por cento son fumadores diarios e ata un 25,4% declaran ter consumido cannabis durante o último ano.

Tamén as redes sociais supoñen un risco, xa que recentes estudos reflicten que o 71,2 % dos alumnos de ESO utilizan Internet a diario e máis dun 13 por cento conéctase máis de 5 horas ao día, tempo que increméntase ata o 23 por cento na fin de semana. O nivel de risco de adicción é moderado, aínda que un 4% presentan signos manifestos de uso abusivo.