Dende a Limia
04:03 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

Santiago de Compostela acolle o vindeiro xoves a presentación dos libros "Aves da Limia"

O. Ferreiro | 28 de Febrero de 2018 (22:35 h.)

O vindeiro xoves 8 de marzo, ás 18:30 h, no Consello da Cultura Galega –Pazo de Raxo–, presentarase o libro "Aves da Limia. Volumes I e II". Trátase dnha obra monumental que recolle nun total de 674 páxinas, con 250 mapas de distribución, 110 mapas de nomes vernáculos e 270 fotografías, o exhaustivo traballo de investigación sobre a avifauna de A Limia realizado por Antonio Villarino, Serafín González e Felipe Bárcena entre 1975 e 2017.

Para as 264 especies de aves rexistradas, preséntase a súa distribución (estival, invernal e nos pasos migratorios) nas 416 cuadrículas UTM de 1x1 km estudadas, baseándose para iso nos case 23.000 rexistros non repetitivos de presencia de especies por cuadrícula. Ademais, preséntanse tamén a distribución dos nomes vernáculos das especies de aves, a partires dos resultados das enquisas feitas a un total de 180 persoas dos 78 núcleos de poboación da zona de estudo.

Herdeira do espírito solidario de "Antela, a memoria asolagada", que contribuiu á edición desta nova publicación, "Aves da Limia" é un libro "ambientalmente solidario", pois o 100% dos beneficios adicaranse á conservación e recuperación de ecosistemas acuáticos e forestais na Limia que está a desenvolver SGHN-Sección Antela, na Veiga de Vilaseca, na Veiga de Gomareite e os que se poñan en marcha no futuro.