miércoles 23.10.2019

Seara pedirá axudas para agricultores e gandeiros da Limia afectados polos temporais

A deputada socialista reclamará ao goberno central 20 millóns de euros para reparar os danos na provincia REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A deputada Laura...
IMG_9246
IMG_9246

A deputada socialista reclamará ao goberno central 20 millóns de euros para reparar os danos na provincia

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A deputada Laura Seara recalcaba onte nunha roda de prensa ofrecida na sede dos socialistas ourensáns, que non existe “ningún tipo de dotación para os agricultores ou gandeiros”, especialmente os da Limia onde o temporal “se cebou” un ano máis. Por iso, e polo que considera é “unha discriminación” cara a provincia, o vindeiro mércores comparecerá no Congreso dos Deputados para presentar unha proposición non de lei na que reclamará máis axudas para Ourense. De momento, o presuposto destinado sería de 1,2 millóns de euros, pero desde o partido socialista cifran entre 15 e 20 millóns a cantidade necesaria para reparar tódolos danos en territorio ourensán.

Seara deu cifras dos estragos producidos na comarca pataqueira. “Os sindicatos agrarios falan de máis de 900 labregos afectados e 7.000 hectáreas de cultivo de cereal con danos que superan os 6 millóns de euros”. E quixo resaltar que estes serían soamente os danos reais, pois tamén habería que ter en conta o lucro cesante da actividade agrícola. O certo é que nesta zona rexistráronse importantes e cuantiosos danos non soamente nos cultivos, senón tamén en camiños agrícolas, pistas forestais, ferramentas e material de labranza.

Comentarios