Lunes 17.06.2019

Semana de establecementos “pechados”

Como se verá unha vila  sen comercio?

Estarán unha semana empapelados e a escuras representantes do comercio e negocios que onte se xuntaron para o sorteo da campaña de Nadal, acordaron preparar unha campaña, similar a que xa se leva feito nas vilas e capitais de Galicia, simulando o peche do comercio.

Como se verá unha vila  sen comercio?

Isto será o que queren demostrar a toda a veciñanza durante unha semana completa. A proposta será empapelar todos os escaparates, para dar a impresión de estar pechados, cousa que ocorrerá se a cidadanía non se conciencia de facer as compras nos nosos establecementos. De seguir así a vida do comercio local ten , non solo os anos, se non posiblemente os meses contados.

Escaparates empapelados e as luces dos mesmos acesas, aínda que estarán abertos e prestos a ser atendidos por todos os clientes, nesta campaña de rebaixas.

A campaña en principio comezará o venres próximo e terá unha duración dunha semana completa.