Dende a Limia
23:02 h. Miércoles, 29 de Marzo de 2017

Últimos retoques para o "Aquí Galicia"

| 11 de Febrero de 2017 (13:43 h.)
Preparativos para o programa "Aquí Galicia"
Preparativos para o programa "Aquí Galicia"

No seu percorrido polas terras de Galicia, o programa da TVG "Aquí Galicia" chega hoxe ata Xinzo. Este ano faino dende a Praza Carlos Casares.

A animación musical será moi variada para o programa de hoxe. Ademais dos grupos clásicos de folclore, actuarán a Orquestra Essencia e o grupo de rock Habitación Vudú. Tamén pasarán polo escenario do programa a Agrupación Musical da Limia e o grupo de gaitas Foliada. Non podía faltar tampouco a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia.

As voces serán postas polos compoñentes do coro Aimil, e o baile tradicional estará a cargo da Asociación de Mulleres Rurais de Santa Baia de Cualedro. Os bailes modernos carrerán a cargo das academias de bailes Danzón e Fusión Fitness.

Como en tódolos programas haberá apartados gastronómicos así como turismo e natureza. No referente ás festas haberá reportaxes sobre os diferentes domingos do Entroido en Xinzo e tamén da festa do Esquecemento.