Dende a Limia
18:40 h. Miércoles, 17 de Octubre de 2018

Visita da responsable de promoción para a provincia de Ourense da Axencia de Doazóns de sangue e órganos

| 27 de Julio de 2018 (16:28 h.)

Carmen Fernández ,visita  Xinzo, para animar a poboación a seguir, e si e posible aumentar o número de doazóns

A responsable para Ourense da Axencia de Doazón de Sangue  Carmen Fernández, fixo unha visita a alcaldía da vila, sendo recibida polo alcalde López Casas e o concelleiro de Sanidade Manuel Cabas.

A visita, protocolaria, da responsable para a provincia entregoulle os datos estatísticos de doazóns en Xinzo, os cales indican que neste último ano Xinzo, baixou ao segundo posto na provincia, despois de Castro Caldelas.

Na estatística  deste ano, Xinzo pasou ao segundo posto con 62 doazóns por cada 1.000 habitantes, tendo a Trives en primeiro lugar con 69. Segundo a responsable, estamos na media galega, pero recorda que Xinzo, fai dous anos había recibido da Xunta un diploma que acreditaba estar nos primeiros postos de Galicia.

MODELO DE CARTA PARA ANIMAR A XENTE

Na visita entregoulle ao alcalde unha carta para que unha vez asinada pola primeira autoridade,  a propia Axencia de Doazóns  fará un buzoneo. Nesta , anímase a poboación para que nestes meses de verán non se baixe  na resposta, sempre boa  dos veciños e veciñas de Xinzo e tentar que aínda sexa un pouco mais concorrida a unidade que se despraza dúas veces ao mes a nosa capitalidade.

Carta que recibirán os veciños de Xinzo nos seus buzóns