Domingo 21.04.2019
INSTALARANSE CÁMARAS DE SEGURIDADE

Volven roubar na nave da Brigada de Obras do Concello

O valor total do sustraido supera  supera os 12.000€.

Nave da brigada de obras do concello
Nave da brigada de obras do concello

Na madrugada do pasado día 29 de Marzo, volveron a atentar contra o patrimonio do Concello de Xinzo de Limia subtraendo gran cantidade de ferramentas (rozadoras, motosierras, etc...) e combustible almacenado na nave da Brigada Municipal do Departamento de Medio Ambiente, sito no recinto do Campo da Feira.

O valor total do sustraido supera  supera os 12.000€.

INSTALACIÓN DE CÁMARAS DE SEGURIDADE

Este é o segundo roubo de iguais características que sofre o Concello de Xinzo de Limia en menos de catro meses, razón pola que para evitar novas reincidencias respecto diso, acordouse a instalación dun sistema de seguridade con cámaras de vixilancia, tanto no exterior como no interior do recinto feiral. Estes roubos, que xa foron obxecto de denuncia ante a autoridade policial, ademais do prexuízo económico que supoñen para as arcas municipais, comportan un prexuízo e/ou atraso na prestación dos servizos municipais de roza e limpeza tanto na propia vila como nos diferentes pobos deste Concello.