Dende a Limia
23:32 h. Domingo, 10 de Diciembre de 2017

Xinzo Adiante celebrou o seu magosto

O. Ferreiro | 03 de Diciembre de 2017 (23:17 h.)
Un dos momentos do magosto con Manuel Pérez, voceiro de Xinzo Adiante, no centro.
Un dos momentos do magosto con Manuel Pérez, voceiro de Xinzo Adiante, no centro.

A formación política asemblearia Xinzo Adiante, celebrou o seu magosto na fría noite do sábado, día 2 de decembro. O lugar escollido pola terceira forza política da capital da Limia, foi o Campo da Feira, ao igual que en anos anteriores.

IMG_6280

Algo máis de medio cento de persoas se achegaron ao festexo, que estivo acompañado de churrasco, bos chourizos e –como non podía ser doutro xeito– castañas en abundancia.

Os tres concelleiros –Manuel, Xosé Miguel e Francisca– estiveron acompañados por decenas de militantes e simpatizantes da formación.

O frío non foi impedimento para que Xinzo Adiante fose quen de reunir a máis xente que en anos anteriores.

IMG_6283IMG_6282IMG_6278