Dende a Limia
17:59 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

Xinzo de Limia acollerá un obradoiro de emprego para quince alumnos

| 25 de Septiembre de 2018 (18:56 h.)

O Concello de Xinzo de Limia acollerá un novo obradoiro de formación profesional para o emprego, que terá lugar entre setembro deste ano e xuño do vindeiro. O taller estará acollerá a 15 alumnos con especialidade en albanelería e zonas verdes e será financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia cun custo que ascende até os 216,605,25€.

Cunhda duración de nove meses, o obradoiro formará profesionalmente aos alumnos quen, ademáis, terán como obxectos de actuación dúas obras de especial importancia para o municipio. Por unha banda, delimitarán fisicamente a parte este e norte do parque Alameda do Toural e, por outra, realizarán unha nova delimitación do parque Ponte da Lima ademáis de instalar rego automático e plantación arbórea e floral.

Os alumnos deste obradoiro, quen ademáis serán tamén traballadores que percibirán remuneración salarial durante o tempo que dure o proxecto, adquirirán experiencia para unha maior facilidade de inclusión posterior no mercado laboral.

O alcalde de Xinzo, Manuel Cabas, afirmou que este obradoiro “é importante para Xinzo polas actuacións a realizar pero tamén por cumprir cun obxectivo de fomento do emprego”.