Dende a Limia
18:24 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

Xinzo de Limia pretende crear novos ciclos de Formación Profesional para dar resposta ás necesidades da comarca

| 02 de Octubre de 2018 (09:13 h.)
O concelleiro Luis Miguel Gil reunido cos representantes da ANPA do IES Lagoa de Antela
O concelleiro Luis Miguel Gil reunido cos representantes da ANPA do IES Lagoa de Antela

Onte, luns día un de outubro, o concellerio de Educación de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil, reuniuse coa ANPA e co director do IES Lagoa de Antela para iniciar as xestións necesarias á fin de conseguir introducir novos ciclos de Formación Profesional básica e media no municipio. Tras este primeiro contacto, terá lugar nas próximas xornadas una nova reunión coa dirección dos dous institutos e coas súas respectivas asociacións de nais e país de alumnos para estudar as necesidades da comarca da Limia e realizar una petición conxunta á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Na actualidade, Xinzo conta tan só cun ciclo de FP Básica en Cociña no IES Lagoa de Antela e con dous ciclos superiores en Electrónica e Agraria no IES Cidade de Antioquía.

Os colexios do municipio poderían contar con  aula de madrugadores

Así mesmo, o edil do ramo educativo, tamén celebrou onte una xuntanza coa ANPA do CEIP Rosalía de Castro, na que se acordou ter unha reunión e coa dirección dos dous centros de Educación Infantil e Primaria e estudar a demanda existente para as aulas de madrugadores.

Nos próximos días irase concretando o estudo conxunto do custo da aula madrugadora por alumno, que estaría xestionada polas AMPAS co apoio do Concello de Xinzo de Limia. O obxectivo é que comecen a funcionar este mesmo curso educativo. Buscaríase, por parte do consistorio limián que outras institucións colaborasen no financiamento do servizo, máis aló da cesión dos espazos para as mesmas por parte dos propios colexios.