Dende a Limia
05:39 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Unha xornada analiza os retos e oportunidades do sector forestal en Galicia

O. Ferreiro | 27 de Noviembre de 2017 (22:17 h.)
Venancio Salcines, Francisco Conde,  Rosendo Fernández e Luis Caramés.
Venancio Salcines, Francisco Conde, Rosendo Fernández e Luis Caramés.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe na presentación da xornada "Industria Forestal en Galicia: retos e oportunidades", que se celebrou no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense. No acto, tamén participaron o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o profesor titular de Teoría Económica (UdC) e vicepresidente do Grupo de Análisis e Debate "Manuel Colmeiro", Venancio Salcines; e o catedrático de Facenda Pública (USC) e coordinador do Grupo de Análisis e Debate Manuel Colmeiro, Luis Caramés.

Esta xornada, organizada polo Grupo Colmeiro co apoio da Deputación de Ourense, reuniu aos principais axentes implicados na industria forestal de Galicia.

Esta xornada, organizada polo Grupo Colmeiro co apoio da Deputación de Ourense, reuniu aos principais axentes implicados na industria forestal de Galicia, co obxectivo de realizar unha diagnose da situación actual do sector e avanzar en propostas cara ao aproveitamento das oportunidades que ofrece.

Rosendo Fernández destacou "a importancia da cooperación público e privada para poder acadar os obxectivos, neste caso referentes a un sector estratéxico para Galicia, o forestal". Pola súa parte, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria salientou a importancia de "debater sobre os retos e oportunidades que ten o sector forestal que desde a visión da cadea monte-industria, para ver como podemos converter o bosque nunha gran industria e, a través da xeración de valor, ter un sector que teña un impacto directo sobre a creación de emprego, o crecemento económico en Galicia e un impacto na protección e  preservación do monte". Asemade, Francisco Conde sinalou co reto é crear "unha conciencia colectiva, unha conciencia de país, cun triplo obxectivo: protexer, ordenar e poñer en valor os nosos bosques, que afecta á prevención, á ordenación e á dinamización económica". 

O vicepresidente do Grupo Colmeiro, Venancio Salcines, dixo que esta xornada aborda o tema da industria forestal pola súa relación co problema demográfico e a perda de poboación no medio rural.

O vicepresidente do Grupo Colmeiro, Venancio Salcines, dixo que esta xornada aborda o tema da industria forestal pola súa relación co problema demográfico e a perda de poboación no medio rural. "Se queremos paralizar esta sangría necesitamos converter o sector industrial no que o campo xa de por si nos pode ofrecer".

Trala presentación da xornada, o director da Asociación Forestal de Galicia e conselleiro-delegado de SELGA SL., Francisco Dans, ofreceu un relatorio sobre a silvicultura activa, para continuar co secretario xeral da Asociación Sectorial Forestal Galega, Jacobo Feijoo, quen falou do desenvolvemento rural e a innovación, claves de futuro do sector forestal.

Pola súa parte, o catedrático de Dereito Civil (UdC), José Manuel Busto, analizou a estrutura da propiedade forestal en Galicia, e o director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra (UdV), Juan Picos, falou das tendencias actuais na industria forestal. Por último, o presidente do Clúster da Madeira, Manuel Iglesias, ofreceu un relatorio baixo o título "Por unha tese universal para a cadea da madeira" e, o acto foi clausurado polo director da Axencia Galega de Industria Forestal, José Ignacio Lema.