Dende a Limia
05:00 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Reunión de traballo do Alcalde co Presidente da Deputación

| 22 de Febrero de 2018 (22:47 h.)

Esta mañá o Presidente da Deputación Manuel Baltar recibiu na sede provincial ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez para tratar diversas inversión a realizar no concello de Xinzo para os que o alcalde solicita colaboración económica da Deputación.

Os proxectos que Pérez levaba na carteira son referidos a infraestruturas viarias e melloras na iluminación do pavillón de deportes  na pista de baloncesto e a petición de novos instrumentos para o conservatorio.

Pérez saíu moi satisfeito da reunión mantida co Presidente Baltar e espera que a maioría das peticións poidan ser levadas a cabo no menor tempo posible.