Dende a Limia
23:49 h. Domingo, 10 de Diciembre de 2017

A prisión un cazador de Porqueira como presunto autor de 7 lumes

O. Ferreiro | 27 de Noviembre de 2017 (22:32 h.)
Imaxe de arquivo dun lume detectado na comarca da Limia.
Imaxe de arquivo dun lume detectado na comarca da Limia.

Un cazador de 77 anos e veciño de Porqueira, Rafael R. S., ingresou onte en prisión preventiva por orde do xuíz de instrución de Xinzo de Limia. O home fora detido pola Garda Civil como presunto autor de 7 lumes forestais ocorridos no coto de caza do mesmo municipio limián.

Trátase do segundo detido este outono por causar, supostamente, incendios na comarca da Limia.

Os axentes inspeccionaran o terreo e comprobaran que as chamas declaráranse nunha zona de maleza onde abundaban as presas de caza. O mesmo detido fora quen en ocasións avisara ás autoridades competentes de que se detectara un foco incendiario na zona. Un dos lumes que se lle imputan chegou a alcanzar até 42 hectáreas de superficie queimada. Os 7 incendios producíronse entre setembro e novembro deste mesmo ano.

Trátase do segundo detido este outono por causar, supostamente, incendios na comarca da Limia.