domingo 22.09.2019

Atopan un niño de avespa velutina en O Toxal

Un agricultor descubriuno e avisou ós expertos que o eliminaron

    Un agricultor da zona atopou o niño e tras observar que era de grandes dimensión e ante a dúbida de se sería de avespa velutina, decidiu avisar ós expertos.niño

Tras verificar que si se trataba dun niño de velutina, baixárono con coidado e procederon a queimalo a primeira hora da mañá, momento no que tódalas avespas permanecían no interior pois aínda están aletargadas. Gardaron os restos para envialos á investigar e seguir así avanzando para frear a chegada deste insecto perigoso. Os expertos sinalan que é un caso curiosos pois o normal é que no mes de decembro o insecto abandone o seu fogar para esconderse ata que chega a primavera. Apuntan que o cambio brusco de estacións con temperaturas moi cálidas facilitou a súa presenza. 

As persoas que procederon a eliminar o niño forman parte da asociación Abellas Nais. Son un conxunto de apicultores da zona que decidiron xuntarse para estudar formas de eliminar a velutina, pois consideran que os efectivos da Xunta non fan ben o seu traballo. En concreto, sinalan que dito persoal, elimina os niños nas horas centrais do día cando moitas das avespas están fóra, co cal cando regresan e non teñen a súa construción, proceden a facer outra. Outro dos puntos negativos destes efectivos, engaden que se trata dos medios, afirman ter visto derrubar niños a golpes o que contribúe a que a avespa se axite e se volve aínda máis perigosa, sobre todo en sitios pretos a vivendas. Con todo esixen responsabilidades, pois eles fan o traballo formándose pola súa conta e investigando e todo de balde, "cando o persoal da Xunta cobra diñeiro por niño que derruban", denuncian. 

A avéspora asiática ten cada vez máis presenza na zona. velutina

Se ven algún indicio da súa presenza avisen as autoridades ou a membros desta asociación a través do número 678 69 03 69. O insecto distínguese porque no seu corpo ten uns aneis en cor negro e as súas patas son negras coas terminacións en amarelo. Ademais a súa maneira de reproducirse é peculiar, fai colonias de ata 2000 individuos fronte ós 200 da avéspora crabro que é a común en Galicia.

Comentarios