jueves 14.11.2019

A conselleira de Política Social visitará mañá luns o concello de Porqueira

Susana Vázquez aproveitará a visita para seguir “pedindo” cousas para o seu Concello

Susana Vázquez- Alcaldesa de Porqueira
Susana Vázquez- Alcaldesa de Porqueira

Susana Vázquez alcaldesa de Porqueira  recibirá a conselleira de Política Social Fabiola García a cal  transmitiulle o seu interese por  visitar a residencia de maiores emprazada e xestionada polo propio concello, en vez de que a cita fose no despacho da consellería.

SOLICITARALLE UNHA AMPLIACIÓN DA RESIDENCIA

IMG_20191017_133634Recorda Susana que a residencia abriuse o 1  de marzo deste mesmo ano estando 15 día  ao 50% de prazas cubertas en fase de inicio, e tan solo 15 días despois, o día 1 de abril xa ocupou o 100% das prazas ofertadas. Recordar que a capacidade da residencia é de 24 +1 persoas, e o problema nestes momentos é que hai unha lista de espera que excede o dobre da capacidade da mesma, non solo con veciños do propio concello de Porqueira se non con persoas dos concellos limítrofes da Limia, Xinzo incluído.É por iso que se lle vai a pedir a conselleira unha ampliación da mesma aproveitando que xa temos os servizos comúns servirían os mesmos,  e temos un espazo totalmente diáfano xunto a esta, co que a  obra sería moito menos custosa e xeraría máis postos de traballo e poderíamos dar cabida a todos os demandantes, que como digo neste momento é de tantas persoas como as que xa temos vivindo e convivindo connosco neste momento.
APERTURA DO CENTRO DE DÍA
Aproveitaremos tamén a solicitarlle a autorización para a apertura do centro de día no que poderían estar 10 persoas, aínda que somos conscientes de que a xente do rural prefire estar nas súas casa en canto teñen posibilidade.
XESTIÓN MUNICIPAL CON CREACIÓN DE 14 POSTOS DE TRABALLO

Na residencia de maiores traballan neste momento 14 persoas tendo cociña propia e outros servizos adicionais como persoas que se encargan de facer actividades cos maiores, non so de fisioterápia e mantemento, se non actividades máis lúdicas como por exemplo de adestramento manual, todas as tardes. Outro  dos servicios que ofrecemos aos usuarios da residencia é o traslado a consultas e revisión a residencia con medios propios da residencia e acompañados con persoal da mesma.

 Outra das cousas que inflúe positivamente na estancia dos nosos maiores  é que as persoas que os atenden son coñecidas de todos , posto que ou son de Porqueira ou concellos limítrofes e sempre se ten algún coñecido ou polo menos un parente cercano, que fai que a estancia  para os residentes, sexa moi familiar.   Entendemos dende o principio que se a xestión fose privada algún destes servizos non existirían posto que como é lóxico a empresa ten dereito a beneficios pola súa xestión e a nosa residencia xestiónana os propios técnicos do concello, secretaría, intervención e funcionarios co cal eses custos repercuten en maiores prestacións, posto que o concello non pode ter beneficios na súa xestión. Estes primeiros seis meses foron de moito traballo, dende a alcaldesa ata os traballadores da residencia e os traballadores das brigadas do concello que a diario participan en traballos de mantemento  externo e control dos abastecementos eléctricos de auga etc. O que si temos claro e que dende moito antes da súa apertura e durante estes seis primeiros meses non sabemos o que son sábados, nin festivos, pero o que ten de bo todo este traballo e que está totalmente recompensado  so con ver as caras de satisfacción dos residente.IMG_20191017_133635

VISITA A CASA NIÑO

Tamén fará unha visita a unha das primeiras casa niño que se abriu en Galicia, dentro do plan piloto instaurado pola xunta. A casa niño ten as súas prazas cubertas ao 100%.

E por último solicitarémoslle a concelleira, dentro do posible,  un pouco máis de axilidade a hora do pago das axudas que a Xunta lle fai aos usuarios nas residencias, posto que as veces os usuarios teñen que adiantar o pago varios meses ata que se lles da  axuda, tendo algúns deles dificultades, cando esta axuda moitas veces case cubre o 75% do custe total.  Recordar que a achega dos usuarios é de  1.060 € para persoas que non son dependentes e para os que necesitan axuda porque son dependentes o custe é de algo menos de 1.400 €.