Dende a Limia
00:56 h. Miércoles, 22 de Agosto de 2018

MARISOL DÍAZ SUPERVISA A ACTUACIÓN DE MELLORA DO ACCESO Á TORRE FÍRBEDA NO CONCELLO DE PORQUEIRA

| 27 de Abril de 2018 (17:45 h.)

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o concello de Porqueira, acompañada pola súa alcaldesa, Susana Vázquez, para comprobar o resultado da mellora da accesibilidade dun dos seus principais recursos turísticos e catalogado Ben de Interese Cultural (BIC), a torre Fírbeda.

Esta intervención está enmarcada na liña de subvencións de máis de 3,3 millóns de euros que Turismo de Galicia destinou o pasado ano para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural.

270418 turismo PorqueiraDurante a visita, a delegada territorial explicou que o obxectivo desta liña de subvencións, a través da cal o concello de Porqueira recibiu unha achega de máis de 48.000 euros, é dotar o medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para convertelo nun recurso turístico accesible. Os traballos levados en Porqueira supoñen a valorización deste Ben de Interese Cultural, ao tempo que permiten o mantemento dos seus accesos en óptimas condicións de seguridade para os seus visitantes.

Díaz Mouteira explicou que en 2017, mediante esta liña de subvencións, se axudou cuhna achega de máis dun millón de euros a un total de 30 concellos da provincia de Ourense a mellorar a accesibilidade física e á sinalización dos seus recursos turísticos coma os espazos naturais, os miradoiros e as rutas de sendeirismo, as praias fluviais ou os bens culturais.

Marisol Díaz salientou o compromiso da Xunta co impulso turístico dos concellos a través das numerosas liñas de axudas convocadas anualmente polo departamento autonómico dirixido por Nava Castro, estando en tramitación as correspondentes á convocatoria deste ano.