domingo 22.09.2019
Carlos Casares

Porqueira tamén homenaxeará a Carlos Casares

A rexedora adiantou que a homenaxe terá lugar na Praza Carlos Casares de Sabucedo

Monolito na Praza Carlos Casares de Rial de Sabucedo, onde o escritor pasaba moitos dos seus veráns.
Monolito na Praza Carlos Casares de Rial de Sabucedo, onde o escritor pasaba moitos dos seus veráns.

O Concello de Porqueira tamén homenaxeará ao limián Carlos Casares, sumándose así aos actos previstos na comarca . Neste senso, ten previsto organizar unha xornada didáctica para os alumnos de 6º de Educación Infantil –nenos e nenas de 5 anos de idade– do Colexio Carlos Casares de Xinzo, no que están escolarizados os menores de Porqueira.

Susana Vázquez: "Non queriamos que o noso municipio deixase de participar nos actos conmemorativos de Carlos Casares".

"Non queriamos que o noso municipio deixase de participar nos actos conmemorativos de Carlos Casares", explicou a rexedora Susana Vázquez, en declaracións ao xornal La Región. "El pasou na localidade de Sabucedo moitos dos veráns da súa infancia, tiña unha relación moi estreita cos parentes que vivían alí", engadiu. 

A rexedora adiantou que a homenaxe terá lugar na Praza Carlos Casares de Sabucedo, onde está instalado un distintivo en memoria do literato. Realizarase un contacontos na voz do autor e profesor teatral, Xosé Manuel Fontemoura, completarase o acto cun repaso á historia do escritor e cunha actividade no forno da aldea.

A Agrupación de Gaitas de Porqueira interpretará o himno galego na praza que leva o nome do escritor limián.

Está prevista tamén a colocación dun centro de flores na praza que leva o nome do escritor, momento no que soará o himno galego da man da Agrupación de Gaitas de Porqueira.

Comentarios