domingo 22.09.2019
Carlos Casares

Sabucedo lembrou tamén a Carlos Casares

A alcaldesa Susana Vázquez e Xavier Casares presidiron os actos.

Sabucedo lembrou tamén a Carlos Casares

Pasadas as 9 da maña un grupo de 50 alumnos e alumnas do colexio Carlos Casares de Xinzo desprazáronse co seu profesorado ata o pobo de Sabucedo para asistir a unha serie de actos na honra do escritor.

A súa chegada foron recibidos por Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira a cal acompañou toda a mañá aos cativos nas faenas de aprender dos maiores do pobo a facer pan e bicas.

Logo sumouse a festa o tamén escritor de Fontemoura , Manuel Fontemoura quen lle leu aos rapaces e rapazas o conto A Galiña azul e a Lolo anda en bicicleta.

OFRENDA DE FLORES

As doce do mediodía achegouse ata Sabucedo Xabier Casares para facer conxuntamente unha ofrenda de flores na placa que leva o nome do autor, no pobo, no que pasou con seu irmán parte da súa infancia. Recordaron tamén ao primo de ambos Mario  Penín recentemente falecido tamén no pobo de Sabucedo.

As cancións puxéronas o grupo de gaitas do concello de Porqueira que despois de interpretar o himno do antigo reino de Galicia, tocou tamén outras cancións mentres os pequenos e pequenas degustaban a bica que fixeran pola mañá acompañados de refrescos.

Comentarios