Dende a Limia
08:23 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Comezan os preparativos para a Saínza 2017

O. Ferreiro | 13 de Septiembre de 2017 (19:41 h.)
Imaxe de arquivo da Romaría da Saínza no 2014.
Imaxe de arquivo da Romaría da Saínza no 2014.

Mañá xoves, ás 11:00 horas, terá lugar a presentación oficial e institucional da "Romaría da Saínza 2017". Será na sala de xuntas do Pazo Provincial.

O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; da colaboradora da Romaría, Ana Belén Míguez; e dos membros da asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez e Jose Antonio Cao.