Dende a Limia
19:32 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Comezou a novena da Virxe da Sainza

| 16 de Septiembre de 2017 (22:38 h.)

PRELUDIO Á FESTA DA SAINZA

Todas as tardes dende o día 15 e ata o 24 os ferigreses devotos da Virxe da Saínza  teñen a oportunidade de seguir a novena na capela , que se atopa no pobo do mesmo nome do concello de Rairiz de Veiga.

As celebracións especiais  na honra da  Nosa Sra. da Saínza serán o día 23 a mesma hora coa celebración dunha misa solemne na igrexa de Rairiz á que chegará a imaxe en procesión procedente da capela.

O DOMINGO 24 É O DÍA GRANDE

Como toda a Limia, e mais aló saben, o 24 celebrarase o día grande da virxe da Mercé. A partir das 10:15 haberá misas na capela da Saínza .

As 11:30 sairá da igrexa  de Rairiz de Veiga  a procesión coa Virxe ata o campo da festa da Sainza, onde se levará a cabo a misa solemne as 12:30, para despois , segundo manda a tradición, acompañar ós cristiáns na batalla que os enfrontará ós Mouros no campo da festa.

Unha vez rematada a batalla a virxe voltará en procesión ata o seu emprazamento habitual da capela da Sainza.