Dende a Limia
03:18 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

O Concello de Rairiz, no punto de mira

| 27 de Julio de 2018 (16:20 h.)

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Morgade Rúa, asinaron un convenio de colaboración polo que Augas de Galicia destina 65.000 euros para os traballos de renovación de rede de abastecemento e saneamento na Penteira e en Santa Baia.

30.04.15.RAIRIZ.DE.VEIGA.XAQUIN.ALCALDE.Os traballos consistirán na mellora da rede en dous núcleos rurais: Santa Baia e Penteira, que presentan problemas polo deteriorado estado no que se encontran as redes actuais de abastecemento e saneamento. En Santa Baia preténdese a execución dunha reposición da rede de abastecemento de case 150 metros de lonxitude, unha reposición da rede de saneamento de 160 metros de lonxitude e unha nova rede de pluviais de 12 metros de lonxitude. En Penteira, a reposición da rede de abastecemento afectará a 80 metros de lonxitude, a de saneamento a 75 metros e instalarase tamén 25 metros de tubaxe para augas pluviais.
Respecto ás débedas do concello, unha sentencia xudicial obliga a Rairiz de Veiga a abonar unha cantidade de 25.269€ por impagos tras a contratación de certos servicios (Orquestas) para a celebración da tradicional Romaría da Saínza, na súa edición de 2015. A asociación cultural A Torrecha, encargada da organización e presidida polo ex-rexido de Rairiz, Xaquín Rodríguez Ambrosio, relacionou a entidade local ó emitir facturas o seu nome. Xaquín Rodríguez está condenado a oito anos e medio de inhabilitación por prevaricación administrativa continuada.  A resolución non admite recurso, precisou a actual alcaldesa de Rairiz, Asunción Morgade.

Durante a sesión plenaria, tamén se deu conta do número de habitantes que perde o concello o ano: entre 30 e 40. Todos son por decesos, e, como no resto de Galicia, a natalidade é moi baixa polo tanto non se compensa.