domingo 17.11.2019

Denuncian un caso de manipulación para favorecer a contratación de persoal no Concello de Rairiz

Denuncian un caso de manipulación para favorecer a contratación de persoal no Concello de Rairiz

    O pleno municipal de Rairiz de Veiga que se celebrou na xornada do xoves tivo como epicentro a contratación recente dun número de persoas. 

Dende o PSdeG falan de "manipulación" no feito de contratar a unha prima da rexedora de Rairiz en vez de a unha traballadora con dez anos de experiencia.Os socialistas consideran que se modificaron as bases para favorecer a contratación de dito familiar da alcaldesa e engaden "non estamos en contra de que calquera veciño ou veciña traballe para o concello pero resulta sorprendente que acade un posto un membro da familia antes que unha traballadora cunha década de experiencia".

Ante tal acusación Asunción Morgade contestou cun "e logo a miña familia non pode traballar?".

denuncian

Pola súa banda un dos concelleiros do PP que fora expulsado do goberno, Manuel Ferreiro, sinalou que as contratacións que se fixeron na gardería non foron transparentes. "Din as traballadoras que no exame lle marcaban as respostas, que o facía o persoal do tribunal", afirmou. Ante tal acusación a alcaldesa de Rairiz manifestou que "eso si que é mentira e gustaríame que esas traballadoras estiveran aquí". Ferreiro respondeulle cun "telo fácil" e sinalou que "non o digo eu dino as propias traballadoras".

Os socialistas tamén sospeitan desas contratacións que deixan fóra ó persoal que estaba o ano anterior e que eran persoas do concello de Rairiz. 

A disputa no pleno polos novos contratos rematou case que en chiste, o Concello contratou a outro tractorista cando xa tiñan a un contratado e tan só hai un tractor que está avariado. 

O seguinte vídeo recolle ese momento.

Comentarios