lunes 21.10.2019
Nota de prensa de AGER

Os independentes de Rairiz poñen ao descuberto a situación do concello

Rairiz: empezamos “ben”: subvención perdida, fondos europeos que non chegan, contas casi a
cero e negación de información
Concello_de_Rairiz_de_Veiga
Concello_de_Rairiz_de_Veiga

Pouco antes das eleccións o concello de Rairiz perde unha subvención de 20.000 euros da Consellería de Medio Ambiente por non presentar en tempo e forma os tramites oportunos, entre eles, a presentación das facturas de ter pagado o traballo para o cal fora aprobada. O final quedamos sin subvención e ainda se debía o traballo realizado pola empresa contratada (esta subvención, estaba pedida e concedida).

Non se deu ningunha explicación sobre o asunto. Non me extraña que non se puidera pagar dita factura, se temos en conta que cadrou en maio, casualidade: campaña electoral, e que os recursos do Concello foron utilizados descaradamente para facer a campaña do P.P. Durante os meses de marzo e abril nada se fixo no Concello, chegou maio e apareceron maquinas e persoal por todolos sitios, ata se chamaba á xente para que fora traballar limpando camiños e outras labores (ao rematar maio, mellor dito as elecións, a cousa volveu á calma). Si as eleccións foran a finais de xuño, estaríamos cubertos pola herba. Media campaña a costa do concello, os veciños xa o comentaban: agora veñen, ata en sábado e polas tardes. Dúas semanas a tope, a conta de todos. A outra media campaña fixoa un señor inhabilitado pola xustiza, o anterior alcalde: xaquin, que andaba como si lle fora a vida nelo; despois o P.P. fala de código ético e rexeneración.

Mentras todos os concellos que nos rodean recibiron no ano 18 fondos europeos: Vilar de Santos: 84 mil euros; Porqueira 75 mil; Verea, A Bola, Sandias, Allariz...., o de Rairiz non recibiu nada. Preguntou AGER á alcaldesa si se tramitaran, xa que no 16 e no 17 si se fixo, e a calada por resposta.

Na toma de posesion da nova Corporación deuse unha somera descripción do estado de contas do Concello: un montón de contas, varias valeiras, outras con 5 euros, con 10.... así a conta operativa do concello a mediados de xuño eran duns 1.500 euros ( non me extraña, despois do que se gastou na previa das eleccións ( e a maiores dous créditos dos que non se dixo o importe nin a que se adicaron, “todo transparenza como se ve”). Preguntouse por escrito como se ía facer para pagar os gastos do Concello a finais de xuño: persoal, gastos fixos.... A resposta da Alcaldesa foi: ningunha”.

No discursiño de posesións (lido) dixo que ía ser transparente e gobernar para todos os veciños (o que din sempre os políticos nestes casos), pero eu diría que será máis ben traslucida a súa xestión. E que teña en conta que esta vez, aínda que ten a maioria absoluta por escasos votos, 507 sete veciños non a votaron (fronte a 515 que sí) teñen dereito a unha atención xusta e igualitaria.


Cando un alcalde se nega a dar información e pon excusas “ baratas” é, que non se terán moi ben as cousas no Concello. A ver cando se lles vai indo a manía de patrimonializar a “cousa” pùblica.