domingo 17.11.2019

Vertidos de residuos informáticos en Rairiz de Veiga

Máis de 150 cartuchos de tóner

Onte a tarde un veciño de Sabariz do concello de Rairiz de Veiga, paseando polo monte, moi afastado do pobo, atopouse nunha cuneta con dous pelés de residuos informáticos altamente contaminantes. A gran maioría son cartuchos de tóner, que aínda conteñen moito polvillo.

AGER, presenta a denuncia

Ante esta situación un membro de AGER (Agrupación de electores independentes), segundo grupo no concello presenta a denuncia ante o SEPRONA, que esta mesma tarde desprazou ata o lugar os seus efectivos para tomar mostras e comezar a investigación pertinente.

cats

FOLIOS COA CABECEIRA DO CHOU

Segundo nos indica Francisco González e puidemos comprobar dencabeceiratro dos dous fardos veñen folios co cabeceira do CHOU, membrete que se recoñece moi antigo e sen ningún dato máis.

Todo isto, manifesta Paco é froito da desidia da alcaldesa e o seu grupo, que non son capaces de advertir a xente da importancia de manter o noso concello libre, non destas cousas, que por suposto foi intencionado, se non dos moitos lugares nos que hai montóns de residuos plásticos e ata de colchóns, nun concello que recorda é Reserva da Biosfera e pertence a Red Natura 2000.