Domingo 24.03.2019
Política municipal

O alcalde de Sandiás somete os orzamentos e o seu futuro como alcalde a unha nova cuestión de confianza

Felipe Traveso xa empregara esta mesma estratexia o pasado ano 2017.

Imaxe de arquivo dun pleno municipal en Sandiás.
Imaxe de arquivo dun pleno municipal en Sandiás.

O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso (AGRELSAN), vén de convocar un PLeno Extraordinario para o vindeiro 26 de febreiro. Na orde do día, un único punto: a votación dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos xerais de 2018. O rexedor limián volta pedir, ao igual que xa fixera o pasado ano, que o resto de concelleiros lle dean a súa confianza en sesión plenaria ante a negativa destes a aprobar a proposta de orzamentos do goberno local.

De saír esta votación negativa, perdendo Traveso a cuestión de confianza, a oposición no seu conxunto disporía do prazo dun mes para presentar unha moción de censura cun novo candidato a alcalde. De non se poñer de acordo os concelleiros opositores do PP e do PSdeG, ao rematar o prazo os orzamentos quedarían automáticamente aprobados. Esta casuística foi a que se produciu no anterior exercicio, o que permitiu ao rexedor iindependente proseguir co seu mandato e executar os orzamentos municipais.