Dende a Limia
05:01 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

A oposición vota en contra na moción de confianza ao goberno de Traveso.

O. Ferreiro | 28 de Febrero de 2018 (22:31 h.)
Casa consistorial de Sandiás.
Casa consistorial de Sandiás.

Os edís do PPdeG e do PSdeG que conforman a oposición no municipio limián de Sandiás rexeitaron a Moción de Confianza presentada polo rexedor, Felipe Traveso, e que ía vinculada á aprobación dos orzamentos para o 2018. Por segundo ano consecutivo, Traveso non obtén a confianza da maioría da corporación e, xa que logo, non logra –de momento– aprobar os orzamentos.

A partires deste momento, os 5 edís da oposición dispoñen dun mes de prazo para presentar unha Moción de Censura ao rexedor con novo candidato a alcalde. De non ser así –ao igual que o pasado ano– os orzamentos aprobaríanse igualmente. Trátanse duns orzamentos que ascenderían este ano a 941.566 euros e que, para Traveso, o non sacalos adiante suporía "unha paralización importante dos proxectos do consistorio e unha probable perda de subvencións". Así mesmo, o rexedor independente denuncia que "non se presentou nungunha proposta que puideramos chegar a consensuar por parte da oposición". 

O PPdeG, pola súa banda, afirmou estar disposto a conformar un novo goberno con AGRELSAN para facilitar o gobernanza municipal, pero xustificaron o seu voto negativo en que "non hai iniciativas vencelladas ás políticas de vivenda ou para fixar poboación".

Para Quintas, voceiro do PSdeG e o máis crítico con Traveso, os orzamentos de 2018 presentados polo goberno, "son unha copia actualizada dos anteriores" e "non aportan nada".

Mentres tanto, Traveso laméntase da existencia de 40.000 euros de remanente en tesourería "paralizados pola oposición".