martes 19.11.2019

Sandiás tamén celebrou o seu Magosto

Máis de 500 comensais na gran carpa instalada no patio do colexio

Magosto de Sandiás
Magosto de Sandiás

Tres grellas dende as primeiras horas da tarde deron boa conta de costela e chourizos para todos os comensais que se achegaron ao patio do centro onde estaba instalada a carpa para que todos os presentes participaran da cea, que ademais dos manxares descritos tomaron tamén empanada e para rematar castañas, chocolate e bica e como non podía ser doutra maneira  o licor café.

No patio cuberto do colexio tamén estiveron instalados dous inchables para os máis cativos e unha discoteca móbil que comezou a funcionar pasadas as 10 da noite.

IMG_20191109_193430_1IMG_20191109_193347_1IMG_20191109_193251IMG_9293IMG_9268

IMG_9267IMG_9264