Sábado 23.03.2019

O CDR O Viso amplía o contrato da terapeuta ocupacional e a psicóloga

Isto é posible co apoio da Obra Social "La Caixa"

O CDR O Viso está de noraboa pois o seu proxecto foi seleccionado e aprobado pola Fundación Bancaria La Caixa a través da convocatoria Acción Social no ámbito rural 2016. Presentaron o seu traballo no marco do Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas Socias e van recibir unha contía de 40.000 €. 

Con esta axuda poderán ampliar a contratación da terapeuta ocupacional e a psicóloga o que lle vai permitir manter e mesmo aumentar actividades.

viso

Deste xeito seguirán en marcha cos servizos de proximidade que prestan en domicilios e no propio centro do CDR O Viso, en Lodoselo. 

A súa labor neste ámbito pasa por facilitar o mantemento das persoas no seu entorno habitual así como favorecer a participación social, relacións interxeracionais e experiencia de coñecemento das persoas do medio rural.

O que perseguen con estas actividades é manter o medio rural vivo, habitable e habitado.

Comentarios