Lunes 20.05.2019

O CDR O Viso busca voluntarios para colaborar nos servizos que ofrece o centro

    O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso busca persoas que queiran participar no seu programa de voluntariado. Isto é colaborar nos diferentes programas que se levan a cabo no centro de Lodoselo. Entre eles os servizos de proximidade, comercio xusto ou o programa de atención urxente, entre outros. 

Tamén existe a posibilidade de que os voluntarios xeren as súas propias actividades e poidan impartir obradoiros no centro. 

Con tal fin vaise celebrar unha xornada de voluntariado que terá lugar este sábado en Lodoselo de 10 a 15h. A intención é manter un encontro cos voluntarios que xa colaboran e con aquelas persoas que queiran formar parte do programa. Non hai límite de idade para participar só cómpre inscribirse antes do encontro no teléfono 988 46 15 71, ou no correo electrónico areasocial@cdroviso.org ou ben nas oficinas da Praza Maior de Xinzo. 

A actividade está enmarcada dentro do programa de formación e promoción do voluntariado do CDR. Programa subvencionado con cargo ó IRPF 2015 a través da Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

Comentarios