Lunes 20.05.2019

O CDR O Viso convoca un curso de axudante de cociña e un de español básico

    O CDR O Viso pon en marcha dous curso destinados á formación de persoas.

Un deles é de axudante de cociña e vaise impartir no centro de Lodoselo. Dará comezo o 3 de outubro en horario de 16.30h a 21h. Un total de 100 horas de curso que se complementan con 40h prácticas nunha empresa. 

Outro dos curso é de español básico e terá lugar no C.E.I.P Rorsalía de Castro. As clases serán os martes e xoves dende as 16.30h ata as 19.30h. Comeza o 20 de setembro e remata o 28 de novembro cando se lle entregará ó alumnado un certificado. 

Para anotarse ou solicitar máis información poden chamar ó 988 4615 71, no e-mail  info@cdroviso.org ou na oficina situada no nº1 da Praza Maior de Xinzo de Limia. 

Comentarios