Dende a Limia
00:18 h. Martes, 12 de Diciembre de 2017

O CDR O Viso organiza un obradoiro sobre a prevención do ICTUS

O. Ferreiro | 17 de Septiembre de 2017 (22:11 h.)

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, sito en Lodoselo –Sarreaus–, organiza, co apoio económico da Obra Social laCaixa e do Ministerio de Sanidade, un obradoiro de saúde centrado nos hábitos de vida saudábeis para a prevención do ICTUS.

O taller estara impartido polo educador social de Renacer, José Antonio Fernández Delgado. Terá lugar no centro de inclusión de Lodoselo e está dirixido a familiares con doentes, coidadores, profesionais e toda a sociedade en xeral.

Celebrarase o mércores, día 20 de setembro, a partires das 17:00 horas da tarde.