Dende a Limia
05:27 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

O CDR O Viso pon fin ao proxecto "Constrúe o teu futuro"

O. Ferreiro | 12 de Octubre de 2017 (21:50 h.)
Un momento do obradoiro do CDR O Viso.
Un momento do obradoiro do CDR O Viso.

Cos obradoiros de activación sociolaboral nos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, o CDR O Viso pon fin esta semana ao Proxecto "Constrúe o teu futuro" a través do cal quixeron fomentar a activación da xuventude limiá.

Este proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social.

Este proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social –Xefatura Territorial do Servizo de Xuventude e Voluntariado–. 

IMG-20171005-WA0049IMG-20171003-WA0002

As actividades consistiron nunha atención individualizada e personalizada onde se lles orientou cara a formación e a busca de emprego dende o Centro de Información Xuvenil de Xinzo de Limia, e tamén desenvolveron actividades grupais de orientación laboral ao longo do ano tanto nas instalacións do CDR en Lodoselo como nalgúns espazos públicos de Xinzo de Limia.

20171005_114250

Aínda que remataron as actividades grupais, este é un proxecto de continuidade e no Centro de Información Xuvenil seguirán asesorando tanto á mocidade como á poboación xeral sobre cuestións de formación e emprego.